O Fabril cae co Salamanca (0-1) e da un paso atrás na loita polo ascenso
Un gol de Galván decidiu o partido
O Fabril segue quinto, pero xa non depende de si mesmo para entrar na promoción
O Fabril caeu en Abegondo diante do Salamanca, que deu un paso case decisivo cara á salvación, e deixa ao filial nunha situación complicada, na súa misión de intentar meterse na promoción de ascenso.
O Fabril estivo mellor na primeira metade, cando gozou dalgunhas boas ocasións para abrir o marcador. Xa no primero minuto avisaba por primeira vez a Jon Villanueva, que se mancaba contra o poste. Despois era Kevin o que remataba moi cruzado. E tampouco atopou portería o seguinte remate dos coruñeses. O Salamanca limitouse a crear perigo con dous córners consecutivos botados por Cristeto. O segundo sacouno cos puños Hugo Ríos.
Contra a media hora, chegaba a mellor acción dos locais, nun man a man de Fabi que rexeitaba Hugo Ríos. O rexeitamento tamén o estrelou Kevin no corpo do porteiro.
E, a volta de pausa, o mazazo dos charros. Foi nunha acción longa, que rematou primeiro De Tomás. O despexe de Hugo Rïos non foron quen de afastalo os coruñeses, e Galván conectava un remate impresionante desde fora da área que entrou por toda a escadra.
O gol sentoulles mal aos fabrilistas,que se botaron arriba á busca da portería de Jon Villanueva, pero non eran quen de rematar entre os tres paus, máis aló dalgunha caída que reclamaron timidamente. E o partido foise encamiñando aos minutos finais sen que acontecese demasiado. Un par de remates de Nsongo foron do máis destacado pola parte local. Un último balón á área, no que Jon Villanueva saíu da súa portería e case comete penalti, foi o último intento dun Fabril que segue de quinto, pero a tiro do Langreo e do Raio Cantabria.