Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing remata coa seca goleadora e apraza o descenso matemático contra o Eldense (1-0)

O Rácing remata coa seca goleadora e apraza o descenso matemático contra o Eldense (1-0)

Álvaro Giménez volveu marcar un gol para os departamentais 767 minutos despois

G24.gal 19/04/2025 15:52

O Rácing rencontrouse coa vitoria doce xornadas despois, no día en que podía certificar o descenso se caía co Eldense. Non o fixo, e un gol de Álvaro Giménez pechou a seca goleadora despois de 767 minutos sen marcar.

Logo duns minutos de achegamentos do Eldense, que dispuxo de varios córners, o primeiro remate dun Rácing que buscaba acabar coa seca goleadora foi un envío cruzado de Dorrío que non colleu porta. Xusto a seguir avisaban os alacantinos, cun remate de Nacho Quintana que marchou fóra por ben pouco nunha contra. E un minuto máis tarde, Álvaro Sanz remataba para o Rácing, tamén un chisco desviado.

Faltaba axustar a puntería nas dúas áreas, porque as ocasións seguían chegando. Buñuel probou os reflexos de Dani á saída dunha falta, e Dorrio tamén no córner seguinte. Á contra saía o Eldense e Juanto Ortuño obrigaba a Jesús Ruiz no man a man. No treito final, Álvaro Giménez quixo resolver el cando tiña mellores opcións, e acabou rematando ás mans do porteiro.

A volta de pausa, o Rácing entrou moito mellor e aproveitouno. Tres minutos precisou Álvaro Giménez para acabr coa seca goleadora do equipo, que quedou fixada en 767 minutos desde o 1 de marzo pasado, cando o Huesca anotara na súa propia portería.

O gol sentoulles moi ben aos departamentais, que tiveron outras boas ocasións nas botas de Héber pena e do propio Álvaro Giménez. Pero os de Menéndez non foron quen de ampliar a renda, aínda que Álvaro Giménez seguiu inquedando, e Nacho gozou dunha clara ocasión que marchou por pouco, e o Eldense botouse arriba á busca dun gol que lles permitise sacar algo positivo de Ferrol. E tivo unha clara, cunha cabezada de Masca que sacou Jesús Ruiz a córner. E outra, no minuto 93, aínda máis clara, que tamén lle sacou Jesús Ruiz a Masca no man a man. A vitoria quedaba na Malata, onde non gañaba o Rácing desde o 5 de outubro contra o Elxe. A salvación matemática aínda é posible con estes tres puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade