Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra cumpre coa súa parte en Salamanca (1-3) e achégase ao ascenso

O Pontevedra cumpre coa súa parte en Salamanca (1-3) e achégase ao ascenso

Os granates resolveron o partido con dous goles madrugadores, e quedaron a un paso do ascenso

A vitoria do Numancia sobre o Ávila impediu o ascenso matemático, que pode chegar a semana que vén

A volta do equipo de Yago Iglesias á Segunda RFEF será un feito cun triunfo contra o Laredo

Foto: @PontevedraCFSAD
G24.gal 13/04/2025 19:01

O Pontevedra deu un paso que pode ser decisivo cara ao ascenso. Fíxoo cun triunfo no Helmántico, por un gol a tres, que o deixou ao bordo do campionato matemático. Os primeiros avisos foron do Salamanca, cun remate desviado de Óscar Lorenzo, e outro que sacou con apuros Edu Sousa. Os dous chegaron de perdas de balón en zonas perigosas, pero o Pontevedra refíxose, e non perdoou na súa primeira ocasión. Cun remate axustado á esquerda de Jon Villanueva, Samu Mayo deixaba o ascenso un chisco máis preto. E, antes do cuarto de hora, o equipo granate tiraba proveito dunha perda do rival. O balón roubouno a Álex González, que anotou tamén cun remate raso. E puido facer o propio capitán o 0-3 pouco despois, pero sacoullo Jon Villanueva. A réplica chegaba a balón parado, nunha falta perigosa que Edu Sousa rexeitaba a disparo de Óscar Lorenzo.

No treito final, puido caer o gol para calquera lado. Primeiro, salvou Edu Sousa un remate de Diego Benito á saída dun córner. E, nunha contra xusto despois, Dalisson non puido precisar o pase da morte, e Chiqui rematou lambendo o pau. Co 0-2 chegábase ao remate da primeira metade.

Á volta dos vestiarios, o Pontevedra non so non cedeu a iniciativa, senón que puido anotar algún gol máis. Pero os de Yago non estiveron atinados de cara á porta, e o Salamanca aproveitouno. Primeiro deu un bo susto, cun remate que saíu a rentes do pau. E, xa no treito final, acurtaba diferenzas cunha cabezada de Rubén de Tomás.

Non houbo tempo para os nervios, porque o líder volvía ampliar a diferenza xusto despois, no 38, cun centro de Álex González que remataba Rufo ao fondo da portería. O 1-3 mandaba os tres puntos para Pontevedra. O cadro granate facía a súa parte, e agardaba a achegábase á Primeira Federación, pendente dunha posible picada do Numancia contra o Ávila que non se produciu. O Pontevedra será equipo da primeira Federación se gaña a semana que vén contra o pechacancelas, o Laredo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade