Ao Celta non lle abonda un hat trick de Borja en Montjuic (4-3)
O Barcelona remontou nos minutos finais, aproveitando un penalti sinalado polo Var no tempo engadido
Por segundo ano, o Celta deixa fuxir dous goles de renda en Montjuic
Minuto a minuto
Ás 16:15h comeza o partido de Montjuic: Barcelona-Celta
Este é o XI titular que presenta Claudio Giráldez
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#BarçaCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/XyfMfaWFwv
— RC Celta (@RCCelta) April 19, 2025
E este é o XI titular que presenta Hansi Flick
🔥 NUESTRO XI 🔥#BarçaCelta pic.twitter.com/vA0Wzd0iMA
— FC Barcelona (@FCBarcelona_es) April 19, 2025
Comezou o partido en Montjuic. Barcelona 0-0 Celta
Avisa Lewandowski cun remate desde o punto de penalti que marcha fóra por moi pouco
Saca un córner Raphinha, chega Íñigo Martínez para rematar no segundo pau, e o balón marcha alto
GOL do BARCELONA. Marca Ferrán Torres para abrir o marcador cun disparo cruzado desde a dereita de Guaita. Barcelona 1-0 Celta
GOOOOOOOOOOOL do CELTA!!!!!Contra que lanza a Pablo Durán pola dereita, e o pase medido do de Tomiño empúxao á rede Borja Iglesias para establecer o Barcelona 1-1 Celta
Outra para o Celta, que estivo a piques de repetir a acción do gol. Outra internada de Pablo Durán, e o seu pase da morte para Borja Iglesias, esta vez, si que o salva Szczesny
Roubo do Barcelona en zona perigosa, asiste Ferrán e remata Raphinha, ás mans de Guaita
Falta perigosa a prol do Barcelona, cometida por Pablo Durán sobre Pedri. Lanza Raphinha e o balón sae desviado
Remate de primeiras de Borja Iglesias que bloca abaixo Szczesny
Outra ocasión clara para o Celta, que salva Szczesny cunha dobre parada de moito mérito aos disparos de Ilaix e de Íker Losada
Descanso en Montjuic. Barcelona 1-1 Celta
Comezou a segunda metade en Montjuic, co empate a uns entre o Barcelona e o Celta
Boa xogada persoal de Pablo Durán, que recorta e dispara, salvando Szczesny
Tiro de Fermín, para Guaita
GOOOOOOOOOOOOOOL do Celta!!!! Colleuna Borja Iglesias á contra, e define pegado á base do pau de Szczesny, despois de aproveitar unha indecisión dos blaugrana. Barcelona 1-2 Celta
Outra ocasión clara do Celta nunha contra, que non atinan a marcar nin Borja Iglesias nin Ilaix Moriba
GOOOOOOOOOOOOOOOOOL do Celta!!!!! Hat trick de Borja Iglesias, que volve definir de xeito maxistral nunha contra do equipo vigués. Barcelona 1-3 Celta!!!
Gol do Barcelona. Völvese meter no partido o equipo de Flick cun gol de Dani Olmo a pase de Raphinha
Gol do Barcelona. Empata o partido Raphinha cunha cabezada na área pequena. Barcelona 3-3 Celta
Balón para Pablo Durán ás costas da defensa, chega antes Íñigo e cede ao seu porteiro, pero o galego pide un agarrón que o árbitro non asubía
Remata Gavi un córner no primeiro pau, e o balón marcha desviado por pouco
Boa xogada de Fer López, e o remate de Mingueza sae alto por moi pouco
Penalti revisado polo VAR logo dunha entrada de Yoel Lago sobre Dani Olmo
Gol do Barcelona. Raphinha marca de penalti o 4-3 a prol do Barcelona
Final do partido. Barcelona 4-3 Celta. O Celta volve deixar fuxir unha renda de dous goeles en Montjuic por segunda temporada consecutiva, desta volta cun hat trick de Borja Iglesias que non abondou