O Pontevedra prepárase para o ascenso este domingo en Pasarón
Ten que gañarlle ao Laredo, xa descendido, para certificar o ascenso a Primeira RFEF
Os granates levan dez vitorias seguidas na casa
Quedan tres xornadas para o final
O ano histórico do Pontevedra terá o seu colofón este domingo co previsible ascenso a Primeira RFEF. A vitoria da semana pasada en Salamanca foi un aperitivo para o que se agarda en Pasarón. O estremo pacense Chiqui está convencido de que vai suceder neste partido: " Púxose de cara para finiquitalo coa nosa xente. Estamos coa confianza polas nubes"
Teñen que gañarlle ao xa descendido Laredo e o ascenso será un feito a tres xornadas para o final. Non merece menos o equipo de Yago Iglesias nunha temporada excepcional na que alcanzaron os oitavos de final da Copa do Rei eliminado a dous primeiras, Vilarreal e Mallorca: "Estamos tranquilos. Levamos un ano bonito, un ano histórico para o club. Se lle sumas o da Copa para a cidade e para nós vai ser un ano histórico"
No vestiario a festa leva instalada varias semanas. O Pontevedra chega a este partido tras sumar dez vitorias seguidas en Pasarón. O estadio do Lérez vai lucir para a ocasión: "Vai ser unha expectación de tolos. Vai haber un cheo total. Ademais cae na Semana Santa e vén a familia, o cal é un plus"
O ano pasado quedaron as portas no playoff contra o Betis pero este ano, si. O Pontevedra está a un paso de subir a Primeira RFEF.