Flick loa o traballo de Claudio: "Saben como xogar para a súa xente, é bonito de ver"
O Celta quere asaltar Montjuic para seguir pensando en Europa
O Barça acaba de perder en Dortmund o seu primeiro partido do 2025
O Celta comeza a parte máis complicada do calendario coas ilusións postas en Europa. Nas vindeiras semanas xogará contra o Barça, o Vilarreal, o Real Madrid, o Sevilla, a Real Sociedade, o Raio e o Xetafe. Un período particularmente duro que porá a proba a solidez das esperanzas celestes de volver ás competicións continentais.
O primeiro rival é o Barça que acaba de clasificarse para as semifinais da Champions malia perder en Dortmund o seu primeiro partido no que vai de 2025. Os de Flick lideran a Ligapero nas últimas semanas non foron quen de amosar unhas actuacións convincentes ante o Leganés e o Betis. O Celta, que xa empatou en Balaídos cos culés na primeira volta, quere sacar algo positivo da súa visita a Montjuic.
Hansi Flick, o técnico culé non aforrou loubanzas para o equipo celeste e para o traballo de Claudio Giráldez. Segundo o adestrador xermano, o Celta "ten un grande equipo cunha idea de xogo clara e atractiva"