Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta sela a permanencia en Primeira

O Celta sela a permanencia en Primeira

Venceu en Granada con goles de Larsen e Bamba, aínda que os andaluces recortaron distancias e erraron un penalti no engadido

G24.gal 19/05/2024 17:11 Última actualización 19/05/2024 22:47

Minuto a minuto

Moi boas tardes a todos e todas! Estamos preparados para contarlles o partido decisivo no estadio dos Cármenes: Granada CF-RC Celta. Os de Giráldez requiren gañar ou que o Cádiz non o faga para certificar a súa permanencia o ano que vén na Primeira División. 

O Granada, xa descendido, non se xoga nada máis que a honra. Veremos que partido presentan os de Ramón Sandoval. 

Temos xa o once celtista!

Formarán de inicio para o Celta:

Guaita, Manquillo, Starfelt, Jailson, Mingueza, Tapia, H.Sotelo, Luca, I.Aspas, Strand-Larsen e Hugo Álvarez.

 

 

 

O Granada CF acaba de anunciar tamén a súa aliñación titular. Polo equipo andaluz sairán: 

Marc Martínez, B.Méndez, Miguel Rubio, Torrente, C. Neva, Sergio Ruiz, M.Hongla, Gumbau, Pellistri, Rodelas e Lucas Boyé.  

Analizando a aliñación do Celta vemos que Giráldez introduce variacións no equipo. Primeiro de todo, volve á porería Vicente Guaita tras superar o proceso vírico que lle impediu estar dispoñible ante o Athletic. Entran Sotelo e Tapia como titulares na medular que levaban tempo sen xogar e quedan no banco Beltrán e Damián que viñan sendo insubstituíbles. 

Na banda esquerda iniciará Hugo Álvarez tras a súa gran actuación o mércores en detrimento de Manu Sánchez. Tamén estará Luca de La Torre que no último encontro entrou na segunda metade. 

Ao centro da zaga volve Jailson que formará con Starfelt e Manquillo na liña de tres que vén utilizando Giráldez dende os seus primeiros partidos. 

Carril dereito para un Mingueza con moita vocación ofensiva e arriba os habituais, Jörgen Strand-Larsen e Iago Aspas.  

1

Reloxos sincronizados en todos os campos de primeira e comeza a penúltima xornada da primeira división. Sacou de centro o Celta!

1

Erro de Manquillo e tivo que saír Guaita a despexar cando xa chegaba o dianteiro do Granada! Non levamos nin un minuto de partido e os andaluces xa pisaron a área celeste.

2

Arriba Pellistri!! Correu o uruguaio ao espazo e sen moito ángulo enviou o balón lonxe da portería de Guaita. Comezou máis forte o Granada. 

4

Recupérase o Celta que comeza a amasar o balón e tratalo con mimo. O Granada non se corta en ir arriba a buscar o balón. Polo de agora ningún achegamento celeste. 

5

UIIII SALVOU GUAITA AO CELTA!! É para comezar a preocupase como arrincou o Celta. Rematou Boyé só case no punto de penal e tivo que botala fóra coa luva o porteiro valencián. Saíu durmido o Celta. 

7

Ten que despexar Larsen o balón da súa propia área. Parece que é o Granada quen se xoga todo. Polo e agora Gumbau arrastra a Jailson e xera uns ocos que o Celta non está sendo quen de tapar. 

9

Sae o Celta agora cunha condución de Luca De La Torre. Pelexaba polo esférico Larsen pero só sacou un saque de banda. A ver se colle algo de aire o Celta. 

12

O Celta intenta buscar balóns en longo sobre Larsen que agora desaproveitou unha moi clara cun mal control. Primieira vez que o Celta xera algo que levar á boca. 

14

Tívoa Aspas!!! Xogada combinativa con Larsen que finalizou o de Moaña mandando o balón fóra cando estaba nunha posición moi favorable. Agora pita fóra de xogo o árbitro. 

17

Domina o balón o Granada mentres o Celta non é quen de rabuñar a pelota e controlar o xogo. Inicio aparvado dos de Giráldez. Tívoa agora Boyé pero sacou Starfelt a córner.

18

Sacouna Guaita e cando o Celta parecía que podía saír perdeu o balón Larsen ante a presión nazarí. Non controla o que pasa no partido o Celta. 

20

Marchou alto o golpeo de Pellistri e cando trataba de saír Hugo Álvarez tivo que recuar e volver a comezar. O Celta intenta aguantar a pelota pero non atopa continuidade. 

21

Sacouna agora o Celta cando xa quería finalizar Pellistri. Están a velas vir polo lado de Jailson e Mingueza que non conseguen frear en absoluto as ofensivas nazarís. 

23

Primeiros vinte minutos do Celta con moitas sombras e case ningunha luz para os de Giráldez. Non senta o técnico celeste porque os seus non conseguen impoñerse en ningún ámbito do xogo. Nestes últimos minutos parecían os primeiros nos que os vigueses controlaba o balón, pero sen continuidade. 

24

Mandouna alta Boyé cando controlara o balón na área celeste. O colexiado volveu chiflar fóra de xogo unha vez rematada a xogada. 

31

UIIII SERGIO RUÍZ! Tivo varias consecutivas o Granada mentres no Celta xa comeza a quentar Fran Beltrán. Giráldez busca opcións fóra porque o de dentro do campo non o convence o máis mínimo. 

35

Segue a mandar no partido o Granada mentres o Celta non atopa nada nin por un lado nin polo outro. Douvikas e Beltrán na banda realizando movementos de quecemento. 

39

Hai novas no partido do Cádiz. Os amarelos marcaron pero o VAR acaba de anular o seu gol, que comprometería sobremaneira aos celestes. Nos Cármenes nada se move no marcador. 

40

As augas que se calmaron un pouco para o Celta. Estes últimos minutos vén atopando algo máis o seu xogo e mesmo tivo unha Larsen que sacou o porteiro andaluz. 

43

Chega agora un pouco máis o Granada acumulando efectivos en área rival. Pedindo o descanso o Celta. 

44

PAROU MARC MARTÍNEZ O TIRO DE HUGO!!! A máis clara do Celta chegou a piques de rematar a primeira metade. Córner para o Celta. 

45

DESCANSO NOS CÁRMENES!!! Larsen mandou fóra o saque de esquina e equipos a vestiarios. Haber que cambios realiza Giráldez porque o equipo deu unha mala imaxe durante a maior parte do primeiro tempo. Non semellaba marchar contento o técnico celtiña. 

46

COMEZOU A SEGUNDA METADE NOS CÁRMENES!

47

Comezou o segundo tempo cunha ocasión para Pellistri que non finalizou ben. Destacar que no Celta entraron Beltrán por Tapia e Bamba por De La Torre. 

49

Parece que o Celta se atopa algo máis sólido que ao comezo da metade anterior. Polo menos garda un pouco de balón e non permite tantos achegamentos rivais. 

52

Xoga agora o Celta en campo contrario buscando atopar a Larsen na punta do ataque. Confírmase que o partido agora é moi distinto ao da primeira metade. 

55

Segunda metade máis igualada para o ben do Celta. Agora move o balón o Granada que non é quen de afondar como o facía antes. Mentres os de Giráldez péchanse ben por moito que o seu adestrador non teña un segundo de descanso. 

58

Intentaba filtrar Mingueza un balón sinxelo de recoller para Marc Martínez. O Celta preséntase como un equipo moito máis perigoso nesta segunda parte. O Cádiz segue a empatar polo de agora. 

61

GOOOOOOL DE LARSEEEEEN!! Xogada combinativa entre Aspas, Sotelo e o noruegués que empurra o balón ao fondo da rede do Granada. Está gañando o Celta e agora mesmo confirmaría a súa permanencia!

63

OUTRO DO CELTA!! MARCOU BAMBA!! Xogada outra vez pola dereita de Larsen que, no seu último servizo antes de saír substituído por Douvikas, mete o balón á cociña e aparece Bamba para ampliar a vantaxe celeste. O Celta acariña a salvación!

68

O Celta xoga agora mesmo moito máis liberado e cos deberes xa feitos. Parece máis cerca o terceiro que o primeiro do Granada. O Cádiz segue empatando e a salvación está nas mans dos celestes. 

71

Marchaba Douvikas cara portería rival cando foi derrubado impedindo o que parecía unha ocasión moi clara. O Celta móstrase cómodo e dominador do partido. 

77

Os cambios déronlle algo de aire ao Granada que cada vez sae con máis perigo. Agora córner que despexou Mingueza tras unha boa aparición de Gumbau. Mancouse Hugo Sotelo que pide o cambio, no seu sitio entrará Unai Núñez. 

80

Erro de Bamba que non finalizou unha ocasión moi clara. Mala lectura do xogador celeste que podía ter pechado o partido a dez minutos para o final. 

86

GOL DO GRANADA! Marcou Bruno Mendes cando o partido parecía sentenciado. A seguinte tívoa o Granada e case consegue o empate. Ollo porque vellas pantasmas asoman nos Cármenes. 

90

Últimos intres nos Cármenes. 6 de prolongación e ao Celta que lle toca resistir como sexa. 

90+1

Sacaba o balón agora para Douvikas o Celta pero recupera o Granada e axiña se bota arriba. 5 minutos de máximo sufrimento para os de Claudio Giráldez. 

90+3

OLLO porque están a revisar un posible penalti de Guaita sobre Antonio Puertas. O penal parece claro pero están a mirar se houbera un fóra de xogo previo. 

95

O árbitro vai revisar o penalti ao monitor. Non hai fóra de xogo e decide que é penalti.

90+7

MANDOUNO FÓRA PUERTAS!! O balón ao longueiro e o Celta que parece salvarse de maneira incríbel. A ver canto decide o árbirtro que se xoga

90+7

FINAL DO PARTIDO!!!! O Celta é, un ano máis, equipo de primeira división. Non foi sen sufrilo e fai uns minutos parecía que todo podería ser moi distinto, pero con esta vitoria e o empate do Cádiz certifícase o descenso do equipo andaluz. Giráldez que marcha aliviado despois dun final de partido de completo infarto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade