Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez fai hoxe un ano de éxitos como adestrador do Celta

Giráldez fai hoxe un ano de éxitos como adestrador do Celta

Nos 41 partidos oficiais que dirixiu o primeiro equipo (37 en Liga e 4 na Copa do Rei) aínda non repetiu aliñación

Javi Rodríguez, Alfon, Pablo Durán, Hugo Álvarez, Hugo Sotelo, Sergio Carreira, Damián ou Fer López asentáronse no primeiro equipo co técnico galego

Foto Celta Foto Celta
G24.gal 12/03/2025 12:35 Última actualización 12/03/2025 12:41

Claudio Giráldez fai hoxe mércores un ano á fronte do primeiro equipo do Celta, unha etapa na que o conxunto celeste pasou de pelexar por eludir o descenso a soñar con Europa, cunha decidida aposta pola canteira e un xogo ofensivo que enganchou novamente ao celtismo.

A destitución de Rafa Benítez, o técnico coa peor porcentaxe de vitorias dos últimos 80 anos, e o buraco que provocou nas arcas do club a súa indemnización obrigaron á dirección deportiva a apostar polo técnico do filial nun momento delicado, xa que o Celta unicamente tiña dous puntos de vantaxe sobre a zona de descenso en marzo de 2024.

Avalado polo seu bo traballo no equipo xuvenil e posteriormente no Celta Fortuna, Giráldez mantívose fiel ao seu estilo. Ademais, apostou decididamente polos xogadores da canteira. Baixo a súa dirección, Javi Rodríguez, Alfon, Pablo Durán, Hugo Álvarez, Hugo Sotelo, Sergio Carreira, Damián ou Fer López asentáronse no primeiro equipo.

Nos 37 partidos de Liga que dirixiu o equipo, o técnico galego suma 15 vitorias, 8 empates e 14 derrotas, para un balance de 53 puntos, unha media de 1,43 puntos por partido. Giráldez tamén converteu Balaídos nun fortín. Ata a data, presenta números de equipo europeo con 12 vitorias, catro empates e tres únicas derrotas en 19 partidos. A súa materia pendente segue estando nos partidos a domicilio. No presente campionato ligueiro, só conseguiu gañar no estadio das Palmas.

Outra das grandes virtudes do técnico galego é ter a todos os seus xogadores enchufados. Un dato certifícao: nos 41 partidos oficiais que dirixiu o primeiro equipo (37 en Liga e 4 na Copa do Rei) aínda non repetiu aliñación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos