Os pescadores preparan os aparellos para saír ao río o domingo
O 16 de marzo arranca unha nova tempada de pesca fluvial con máis de 47.500 licenzas en vigor en Galicia
Día de moito movemento nos establecementos especializados. O domingo arranca unha tempada de pesca fluvial e cómpre ter todo listo.
O que máis mercan, di Elisa Novelle, da ferretería As Lagoas de Ourense, son cebos, anzois, chumbos ou sedelas. Podemos atopar canas dende os 15 euros aos máis de 200 en función do material ou a lonxitude. A maior parte dos pecadores teñen varias, como comentan os que acoden a facer as últimas compras.
Alfonso Carballeda, da Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, xa ten todo listo. É un dos máis de 20.000 pescadores continentais con 65 anos ou máis que este ano recibiron de oficio a renovación da súa licenza, xa con carácter indefinido.
Unha medida, xunto con outras, que fixo que o número de licenzas subira esta ano a máis de 47.500. Afeccionados que contan cunha boa tempada.
Antonio Cortés. Delegado da Federación Galega de Pesca en Ourense " Os ríos van con moita auga polo que agardamos que a tempada sexa boa, pero ata o primeiro día que vaiamos ao río non se sabe"
Haberá que agardar, pois, ao domingo. A tempada alongarase, con carácter xera,l ata o 31 de xullo.