Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pesca un choco de tres quilos e precisa axuda para sacalo á superficie

Pesca un choco de tres quilos e precisa axuda para sacalo á superficie

O choco está conxelado e o pescador ofrece o exemplar para estudo científico

G24.gal 06/03/2025 20:38 Última actualización 06/03/2025 21:26

Roxelio é un vigués afeccionado á pesca deportiva que capturou un choco xigante. Non era quen de sacar o molusco da auga e tivo que pedir axuda. O exemplar facía tanta forza que tiña medo que rompera a súa cana.

Di que pasou nervios porque non quería perdelo. Outro pescador axudouno cun ganapán. O tamaño do exemplar que pesou tres quilos sorprendeu os pescadores que estaban no peirao de Beiramar e tamén a súa familia. Leva moitos anos pescando, pero nunca sacara tal cousa dos fondos mariños.

Agora, o choco está conxelado e o pescador ofrece o exemplar para estudo científico. Se ninguén o reclama ten claro o seu destino, a tarteira con arroz ou patacas ou nunha boa empanada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade