Medran as usurpacións de identidade cando facilitamos o carnet de identidade
Cómpre tapar os datos sensibles porque nos poden endosar ata multas
Desde que o uso de internet é masivo estan a medrar de xeito exponencial os delitos de usurpación de identidade. Cómpre ter moito coidado de a quén lle facilitamos o noso DNI e os expertos dannos varios consellos moi importantes: tapar datos sensibles como data de caducidade e sinatura e mesmo facilitalo en branco e negro ou poñerlle unha marca de auga indicando para qué motivo o facilitamos.
Ocorre todos os días e cada vez máis. Escaneamos o DNI ou mandámolo por whastapp. Pero ten riscos,e moitos. O penalista José Carlos Novoa tivo que defender a un mozo que facilitou o DNI para unha oferta laboral dun coñecido portal e acabaron usándoo para abrir unha conta nun banco.
Adoitan ser procesos longos e complicados porque neste caso o primeiro denunciado é o dono do carnet real. Se nos pasa isto o primeiro que temos que facer é denunciar na policía ou na Garda Civil e no caso das multas que nos endosan e que non son nosas, tentar acreditar que nós non estábamos ese día nese coche e nese lugar.
Ademais todos deberíamos tomar certas precaucións cando facilitemos o carnet.
É importantísimo tamén confirmar que os enderezos electrónicos ou os teléfonos son das entidades que nos din.