Cargando resultados...
Liberdade para o home que tentou prenderlle lume a un bar en Cambados
O home, veciño de Vilagarcía, tentou prender lume ao establecemento mentres portaba un coitelo e tentou regar as mesas con gasolina

G24.gal
10/03/2025 18:39
O home detido o pasado venres por tentar prender lume a un bar en Cambados (Pontevedra) quedou en liberdade en sede policial á espera de ser citado para comparecer ante o xuíz. O investigado, de 42 anos, foi detido o venres pola Policía Local de Cambados por un suposto delito de ameazas despois de que tentase prender lume a un bar da localidade.
Segundo confirmaron fontes da Garda Civil de Pontevedra, o home, veciño de Vilagarcía, tentou prender lume ao establecemento mentres portaba un coitelo.
Ademais, tentou regar as mesas con gasolina, pero non o logrou.