"Nin gorda, nin fraca. Complexión normal", o controvertido reto viral
Un novo reto viral que pode provocar trastornos alimentarios e de saúde mental entre as adolescentes
Presumen do seu corpo e falan del como que teñen unha complexión normal, pero nada que ver coa realidade, son delgadas, algunhas mesmo delgadísimas. Ese é o espello en que se miran milleiros de adolescentes cada día.
"Ti vaste comparar sempre"
"Pois se iso é complexión media, eu que son?"
"Unha rapaza que di que é complexión media e realmente non o é, pode xerarlle un complexo a outra que si que o é", comentan varias rapazas
"Isto que é, complexión media?, ou é que estou gorda?", pregúntase outra moza a través dunha publicación nas redes mentres observa seu corpo
"Con TikTok foméntase moito os trastornos alimentarios, á parte con este tipo de retos, sobre todo", apunta outra
O reto viral "Nin gorda, nin fraca. Complexión normal" pode ser, segundo os expertos, unha porta de entrada a trastornos alimentarios e de saúde mental.
"Empézaste a ver mal e insegura a nivel persoal, a non verte capaz, a non verte suficiente ou a unha crenza de non vallo", explica a psicóloga Libertad Culebras.
"Eu ultimamente estou tendo moitas inseguridades co meu corpo, estou centrándome moitísimo máis en verme perfecta, máis que noutras cousas que eu pensaban antes que eran máis importantes", continúa narrando a rapaza no seu vídeo de TikTok
A influencia que empezaron a coller estas publicacións xerou unha resposta contundende nas propias redes sociais, con voces discrepantes que intetan poñerlle freo.
"Parece que pode intentar compensar aínda que non o suficiente, realmente non o suficiente", conclúe a psicóloga.