Unha empresa de Vigo fabricará 24 ascensores para buques da Mariña Real do Reino Unido
A fábrica de Otis Marine será a encargada de desenvolver o proxecto tecnolóxico para a Royal Navy do Reino Unido
Os elevadores serán destinados a buques de apoio para o transporte de municións
A Mariña Real do Reino Unido encargou a unha empresa situada en Vigo o deseño e fabricación de 24 ascensores. Os elevadores serán destinados a buques de apoio para o transporte de municións.
Isto converte o proxecto nun reto a nivel tecnolóxico, capaz de resistir todo tipo de danos, independentemente do estado do mar.
Australia, Francia ou Noruega son algúns dos países para os que a fábrica de Otis Marine, situada en Vigo, que traballou no sector da defensa. A nova encarga para a Royal Navy do Reino Unido reforza o seu liderado neste ámbito, sobre todo pola súa complexidade.
"Un barco importante de 216 metros de eslora, no que cada buque leva oito ascensores de gran carga, de sete toneladas, deben estar preparados para un ambiente de mar, unhas condicións malas e ambientes explosivos", explica Rubén Rodríguez, director da área noroeste do grupo Otis.
Ademais de construír ao completo os 24 montacargas, a planta viguesa tamén foi a encargada de desenvolver toda a enxeñería e o deseño do proxecto.
"Contamos cun equipo que leva moitos anos traballando nesta materia. Particularmente en especificacións tan complexas como son os proxectos para o sector militar. Ademais, no mesmo edificio contamos con toda a especialización, tanto na parte de diseño como na parte de execución", indica André Loimil, director naval de Otis Marine.
Son referente en todos os segmentos marítimos, e desde 2015 tamén na industria de transatlánticos. Os seus proxectos máis complexos en terra tamén saen da planta viguesa.
"Temos ascensores circulares e panorámicos que subministramos para países como Singapur, Sri Lanka ou incluso para proxectos icónicos como o Museo do Louvre", afirmou Rubén Rodríguez.
Rematada a súa fabricación, os ascensores trasladaranse para a súa instalación ata Navantia en Cádiz, onde se está a construír o buque. A construción do barco rematará no estaleiro de Belfast onde se construíu o Titanic.