Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suspendida a actividade lectiva en Galicia pero cos centros abertos para facilitar a conciliación

Suspendida a actividade lectiva en Galicia pero cos centros abertos para facilitar a conciliación

Rueda lembrou que ao ter a rede de transporte escolar máis grande de España, poñela a funcionar implicaría un consumo de combustible non razoable

G24.gal 29/04/2025 08:12

O presidente da Xunta Alfonso Rueda lembrou que en Galicia non haberá actividade lectiva este martes nos seus centros educativos e escolas infantís e que ao ter a rede de transporte escolar máis grande de España, poñela a funcionar implicaría un consumo de combustible non razoable.

Esta decisión adoptouse onte á noite, antes de que Galicia fose recuperando paulatinamente a subministración eléctrica, do mesmo xeito que a de suspender a asistencia aos centros de día de persoas maiores ou con discapacidade pola situación causada polo apagamento, ante a que o Goberno galego, como sinala o seu presidente en X, solicitou por prudencia a situación tres de emerxencia nacional. Rueda apunta nesa rede social que espera que nunhas horas poidamos xa retomar a nosa vida normal.

Este luns, ao redor das 12:30 horas, viviuse unha caída do sistema eléctrico en todo o territorio peninsular. Só quedaron a salvo Canarias, Baleares e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. A interrupción da subministración eléctrica afectou tamén a Portugal e algunhas zonas de Francia, dada a interconexión do sistema eléctrico de ambos os países co español.

Como consecuencia da intensidade da caída do sistema eléctrico paralizouse o normal funcionamento de infraestruturas, comunicacións, estradas, trens, aeroportos, colexios e hospitais. Algúns destes centros, en especial os hospitalarios, puideron continuar prestando os servizos máis urxentes, xa que contan con grupos electróxenos de apoio para cortes de luz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade