O concurso internacional de danza Vigo Porté convértese no medidor da estado de saúde das escolas de baile en España
O concurso internacional de danza Vigo Porté convértese no medidor da estado de saúde das escolas de baile en España
Este evento internacional de danza que vai pola súa décimo terceira edición convértese esta fin de semana en todo un escaparate para ver a evolución e o nivel das escolas españolas de danza.
Máis de catrocentas coreografías, de mil bailarinas e un xurado composto por nove persoas da elite, bailaríns e coreógrafos ben situados na industria internacional da danza.
Vigo Porté reuniu esta fin de semana máis de mil bailaríns de corenta centros de danza. Este concurso internacional que se celebra desde 2012 é xa un referente nos certames españois de baile.
Disciplina lírica, urbana, clásica, folclórica de fusión e tamén musicais e banda sonora. Este evento internacional de danza, que vai pola súa décimo terceira edición, convértese esta fin de semana en todo un escaparate para ver a evolución e o nivel das escolas españolas de danza. Para as máis de mil participantes estar no marabilloso escenario do Auditorio Mar de Vigo é unha oportunidade.
Un rapaz ou rapaza que practique fútbol ou baloncesto xoga e exhíbese cada fin de semana. Estas bailarinas teñen poucas oportunidades de ver e de que as vexan. Así que o Vigo Porté é un concurso pero tamén un evento familiar onde as escolas españolas se atopan e medran.
Máis de catrocentas coreografías, de mil bailarinas, maiormente no Vigo Porté participan mulleres. O xurado está composto por nove persoas da elite, bailaríns, coreógrafos ben situados na industria.
"O ano pasado, Tino Espinosa, o coreógrafo de grandes musicais viu un rapaz no escenario e contratouno para o musical de 'Priscila'. Coñeceuno en Vigo Porté, e grazas a Vigo Porté ese bailarín de Vigo acadou un contrato laboral nun musical ao que é supercomplicado acceder, que hai miles de cástings, e el accedeu directamente porque o xurado o viu aquí", conta a TVG Lorena López, a directora de Vigo Porté.
Este concurso internacional de baile é un escaparate para os que soñan con que a danza sexa a súa profesión. O propio escenario é unha oportunidade para os bailaríns que acotío non poden pisar táboas coma esta.
"Estar nun escenario onde hai meses estaban musicais impresionantes de Broadway, onde hai concertos de xente internacional... e poder bailar nun escenario así é moi gratificante, é unha experiencia única, que xunto coa tensión que supón, os nervios da actuación de bailar, de estar fronte a un público, fronte a un xurado é unha bomba", engade Alejandra Teixeira, a directora da Escola Unidance de Vigo.
En dous días actúan setenta escolas de toda España. Ademais do espírito competitivo, do rigor dos profesores ensinando todo o ano, o Vigo Porté é un centro de aprendizaxe e de tendencias de baile.
"É o momento do ano onde se atopan todas as escolas, onde incluso eu penso que fan sinerxias, porque iso ten pasado, o facer sinerxias e que as escolas de baile traballen xuntas, e iso na danza é algo moi pouco común porque ao final todos somos competencia uns de outros todo o tempo", matiza Christian Sánchez, bailarín e xurado en Vigo Porté.
Vigo Porté é un evento internacional prestixioso ao tempo que é un evento familiar onde o baile e os bailaríns medran.