Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladan a un centro de saúde un neno de tres anos tras ser atropelado en Viveiro

Trasladan a un centro de saúde un neno de tres anos tras ser atropelado en Viveiro

En Padrón buscan o condutor dun vehículo que atropelou dous mozos de madrugada e fuxiu

G24.gal 27/04/2025 20:43 Última actualización 27/04/2025 21:55

Os profesionais de Urxencias Sanitarias do 061 trasladaron a un centro de saúde un neno, de tres anos que ía nun carriño, tras ser atropelado por un vehículo no concello de Viveiro.

Segundo a información do 112 Galicia, o accidente foi ás 14:30 horas deste domingo na avenida Navia Castrillón. O pai do menor deu a voz de alarma e detallou que o vehículo que o atropelou permanecía no punto.

Atropela dous rapaces e foxe

Mentres, en Padrón buscan o condutor dun vehículo que supostamente atropelou dous rapaces nun paso de peóns. Un deles saíu da UCI nas últimas horas pero está pendente dunha operación.

Segundo relatou a nai dun deles, ocorreu sobre as 5:00 da mañá do sábado e, de acordo co testemuño das vítimas, o coche era un Seat Ibiza vermello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade