Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varios feridos tras caer o muro dunha bancada do campo de fútbol de Gondomar coa celebración dun gol

Varios feridos tras caer o muro dunha bancada do campo de fútbol de Gondomar coa celebración dun gol

A maioría dos afectados son menores que están feridos leves

Un dos menores feridos é un dos xogadores do partido e tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro hospitalario

Estado da grada que caeu no campo de fútbol de Gondomar
G24.gal 26/04/2025 21:32 Última actualización 26/04/2025 23:20

Varias persoas quedaron feridas tras caer o muro de protección dunha bancada do campo de fútbol de Gondomar mentres celebraban un gol. Por fortuna, a maioría dos feridos están leves e algúns mesmo rexeitaron a atención sanitaria, segundo informou o 112 e tamén o alcalde de Gondomar a Televisión de Galicia. O único ferido que reviste máis gravidade é un dos xogadores do equipo do Gondomar F. C. que se atopaba nese momento próximo ao muro de bloques, porque se achegara para celebrar o gol.

O muro, ao caer, pillouno debaixo e provocoulle un corte nunha perna. O rapaz foi trasladado ao centro hospitalario Concheiro de Vigo, que é o que lles corresponde pola Federación. Á espera do diagnóstico definitivo, o xogador posiblemente sufra a fractura dunha perna.

As persoas que quedaron feridas leves, a maioría menores, son unhas trinta, das 400 que nese momento estaban no campo das Gagiandas, en Gondomar. 

No momento do accidente, o Gondomar acababa de marcar un gol que lograba o empate co Val Miñor; estábase a xogar un partido de cadetes e nese partido o Gondomar xogaba polo ascenso, motivo polo que a celebración da bancada era intensa. Foi nese momento cando cedeu o muro de contención.

Ata o lugar do accidente, emerxencias de Galicia mobilizou 061, GES de Val Miñor, Protección Civil de Val Miñor, a Garda Civil, a Policía Nacional, a Policía Local e os Bombeiros do Porriño.

Ata o campo de futbol tamén se acercou o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, quen lle contou a Televisión de Galicia como se produciu o accidente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade