Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sol e as temperaturas agradables animan a moitos a gozar das praias

O sol e as temperaturas agradables animan a moitos a gozar das praias

Este sábado roldáronse ou mesmo se superaron os 20 graos en varios puntos de Galicia

Segundo as previsións, o domingo tamén estará solleiro coas temperaturas máximas en ascenso

G24.gal 26/04/2025 20:58 Última actualización 26/04/2025 21:10

A influencia anticiclónica deixou os ceos practicamente despexados e as temperaturas en ascenso, que invitaban a pasar a tarde na praia, a pesar do vento na costa.

"Se non fose polo aire que vai, pero estase moi ben, moi ben".

"Encantada, despois de tanta chuvia, todo o inverno chovendo", din algunhas persoas que estaban no paseo marítimo da praia de Samil.

En varios puntos de Galicia roldáronse ou mesmo se superaron os 20 graos. Moitos non o pensaron e colleron a toalla e o traxe de baño.

"Aquí sempre hai sol, é moi bonito o lugar e facía un día moi bonito, é divertido", engade outra moza.

O bo tempo invitaba a tomar o sol, algún que outro mergullo e pasear polos areais.

"Sae o sol e temos que vir á praia", "vimos tomar un xeado e dar un paseo por aquí, polo paseo marítimo", comentan outros.

O domingo repetiranse imaxes coma estas, con praias e paseos marítimos ateigados. Segundo as previsións, o día tamén estará solleiro, coas temperaturas máximas en ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar