Empresarios andaluces piden que non se use o termo "chiringuito" en modo despectivo
A Federación Andaluza de Empresarios de Praia pídelles aos políticos que deixen de empregar a palabra "chiringuito" en modo despectivo para referirse ás irregularidades económicas
Cando falamos de chiringuitos pensamos nas instalacións situadas a pé de praia, onde gozamos do bo tempo no verán.
Referímonos aos quioscos e postos de bebida e comida ao aire libre dos que gozamos principalmente no verán, pero a palabra "chiringuito" é utilizada tamén con outros significados.
Pois ben, a palabra está agora no centro da polémica; a Federación Andaluza de Empresarios de Praia pídelles aos políticos que deixen de empregar a palabra "chiringuito" en modo despectivo para referirse ás irregularidades económicas por parte de xestores públicos ou empresarios.