Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un grupo de voluntarios do proxecto Plancton limpan as praias de Vigo de lixo e especies invasoras

Un grupo de voluntarios do proxecto Plancton limpan as praias de Vigo de lixo e especies invasoras

Coidar e protexer as praias e o ecosistema costeiro é o obxectivo plan de conservación territorial impulsado por ABANCA

No que vai de ano levan retiradas máis de dez toneladas de especies exóticas de diferentes enclaves costeiros de Galicia

G24.gal 04/12/2024 13:47

Armados con guantes, bolsas e ferramentas, os voluntarios percorren a praia na busca de lixo. Recollen desde envases, cabichas e desperdicios para devolver á contorna ao seu equilibrio natural.  

O labor dos voluntarios, alumnos do colexio Hogar Afundación de Vigo, non remata aí. Divididos en grupos, tamén coidan do sistema dunar. 

A tarefa resulta máis complicada do que parece a simple vista. 

No que vai de ano, o plan de conservación territorial leva retiradas máis de dez toneladas de especies exóticas de diferentes enclaves costeiros de Galicia.

Ao finalizar a xornada, o traballo conxunto deixa a súa pegada: unha praia máis limpa e unha mensaxe de esperanza para o coidado do medio ambiente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade