Publicador de contidos

Publicador de contidos

O plan de conservación Plancton saca dúas toneladas de lixo do fondo do mar na Illa de Arousa

O plan de conservación Plancton saca dúas toneladas de lixo do fondo do mar na Illa de Arousa

Vinte e seis mergulladores voluntarios participaron nesta xornada do plan de conservación que promove a obra social de Abanca

PLANCTON, de Abanca, leva recollido desde 2021 115 toneladas de lixo do mar en todo o terriitorio galego
G24.gal 15/03/2025 16:10

No interior da ría de Arousa a fundación Abanca a través do programa Plancton recolleu este sábado dúas toneladas de lixo no mar. Vinte e seis mergulladores voluntarios participaron nesta xornada.

Case dúas toneladas de residuos recolleron no fondo do mar. Basicamente rodas e outros aparellos dos mariñeiros. Nesta ocasión a limpeza do lixo mariño fíxose nos fondos dos pequenos illotes de Guidoiro Pedregoso e O Areoso.

Plancton, que é o plan de conservación da obra social de Abanca, leva recollendo residuos en beneficio da biodiversidade nas augas galegas desde o ano 2021. En total máis de 115 toneladas de lixo. Nesta zona na que traballaron este sábado levan xa seis limpezas e co recollido levan case dez toneladas sacadas do mar.

Coma nas outras ocasións esta maña de sábado foi imprescindible o traballo dos mergulladores, tanto dos da confraría da Illa, os navalleiros, coma os mergulladores do club subacuático Pérez Sub.   

"O que recollen no fondo do mar vén sendo os aparellos abandonados ou perdidos polo sector pesqueiro profesional ou incluso bateeiro. Desde o mes de outubro Galicia encadea temporal tras temporal. E todo iso incide sobre o refugallo que acaba no mar. O mariñeiro non quere perder o aparello porque lle custa cartos. Pero o propio mar, a forza do mar, fai que  queden enganchados e sexan irrecuperables", conta a TVG José Luís Peso, presidente do club de mergulladores Pérez Sub.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade