Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller de 89 anos morre nunha colisión entre dous coches e un autobús en Ribadumia

Unha muller de 89 anos morre nunha colisión entre dous coches e un autobús en Ribadumia

A falecida viaxaba como copiloto dun dos turismos implicados no sinistro, que deixa dous feridos

No autobús viaxaba un grupo de preto de 50 excursionistas; nin eles nin o condutor sufriron feridas de consideración

G24.gal 16/03/2025 16:35

Unha muller de 89 anos perdeu a vida nun accidente de circulación que tivo lugar no quilómetro 2 da vía rápida VG-4.2, en Ribadumia. Viaxaba de copiloto nun turismo, cuxo condutor, de 52 anos, tivo que ser excarcerado polos servizos de emerxencias con feridas de prognóstico grave. Algunhas fontes apuntan a que se trata do fillo da muller falecida.

No sinistro quedou tamén ferido de carácter leve o ocupante do outro turismo implicado. Segundo informa o 112, non hai ningún ferido no autobús. Nel viaxaba un grupo dunhas 50 persoas que estaban de excursión.

Foi preciso trasladar ata doce persoas a diferentes hospitais e centros de saúde: as tres do segundo coche, ao ser feridos de carácter leve, e varias persoas do autobús que sufriron ataques de ansiedade.

 

Helicóptero do 061, no lugar do suceso Helicóptero do 061, no lugar do suceso

Polo momento descoñécense as causas do sinistro, que tivo lugar xusto no límite entre os concellos de Cambados e Ribadumia, e que provocou problemas de circulación. De feito foi necesario cortar o tráfico nun treito desta vía rápida do Salnés. No dispositivo participaron efectivos dos bombeiros do Salnés, a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias de Galicia, que desprazou un helicóptero.

O sinistro tivo lugar no límite de Cambados e Ribadumia O sinistro tivo lugar no límite de Cambados e Ribadumia
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade