Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Xabarín da TVG acompaña a Leymita e Máximus na festa do baloncesto galego

O Xabarín da TVG acompaña a Leymita e Máximus na festa do baloncesto galego

A estrela infantil da televisión pública propiciou o encontro entre as mascotas do Leyma e do Breogán no Coliseum da Coruña

G24.gal 16/03/2025 17:29 Última actualización 16/03/2025 17:58

O Coliseum coruñés viviu o seu primeiro derbi galego da Liga ACB, un día histórico para as afeccións do Leyma Coruña e do Río Breogán ao que non faltaron as mascotas dos dous equipos nin tampouco un histórico da TVG.

Rivalidade si, pero da boa, desa que fai do deporte unha celebración. O lendario Xabarín da TVG quixo ser parte da festa do baloncesto galego e propiciou o encontro entre Leymita e Máximus, mascotas entregadas á causa de cadanseu equipo que espertan paixóns entre os afeccionados.

Houbo intercambio de peluches, unha vaquiña para Máximus e un pequeno león para Leymita, símbolo da boa sintonía entre os seareiros lugueses e coruñeses. Todo na previa do partido, na animada Fan Zone que organizou o equipo anfitrión en Expocoruña.

Máis de 9.000 persoas vibraron no Coliseum. Por momentos, a rivalidade transcendeu do deportivo. Menos mal que estaba o Xabarín para calmar os ánimos. Soou a canción do Xabarín na festa do noso baloncesto no primeiro derbi galego da ACB que vive o multiusos coruñés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade