A Xunta triplica o apoio para o coidado de animais abandonados
En total o Goberno galego vai investir 1,4 millóns de euros en achegas a protectoras, concellos e particulares
Na visita á protectora de animais de Vilagarcía, Alfonso Rueda dixo que "a saúde e a calidade dunha sociedade mídese tamén por como se trata os animais de compañía"
Adoptar unha mascota é sempre unha responsabilidade. A Xunta pon o foco no abandono e reforza a atención aos animais abandonados triplicando o apoio a protectoras, concellos e particulares. En total o goberno galego vai investir 1,4 millóns de euros.
Na visita á protectora de Vilagarcía de Arousa, Alfonso Rueda dixo que "a saúde e a calidade dunha sociedade mídese tamén por como se trata os animais de compañía, que o dan todo a cambio de nada, só dun pouco de cariño, e merecen un respecto".
Rueda asegurou que nesta lexislatura se van crear parques para mascotas nas sete cidades galegas. Ademais os galegos que adopten un animal seguirán contando con ata 150 euros para facer fronte aos primeiros gastos veterinarios e á identificación con microchip.