Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector económico relacionado coas mascotas medra de xeito constante

O sector económico relacionado coas mascotas medra de xeito constante

Oito de cada dez propietarios consideran a súa mascota un membro máis da familia

Os negocios de coidado e atención aos animais, como os de peiteado están en alza

G24.gal 22/03/2025 20:53

Primeiro cepillado, logo un baño de ozono con dous xampús diferentes segundo as necesidades e finalmente secado e corte. O servizo completo deste salón de peiteado e spa para este caniche pode levar arredor de dúas horas.

"Todos os cans, bañámolos con ozono, salvo que sexan cans moi maiores. O ozono axuda a limpar pel, se hai calquera tipo de parasitos, de alerxias...", di Andrés Martinez, peiteador canino.

Os salóns de peiteado canino moven uns 250 millóns de euros anuais en España. Trátase dun negocio en auxe, segundo o sector. E é que hoxe o 49 por cento de cidadáns convive cun animal de compañía.


"Neste momento hai unha demanda grande, sabemos que hai máis cans que nenos. Nós temos clientes que veñen cada quince días, mensuais ou semanais segundo o que necesite cada mascota", indica Andrés.

Oito de cada dez propietarios consideran a súa mascota un membro máis da familia, un compañeiro ao que destinan uns 1.260 euros anuais, segundo a Asociación da Industria e o Comercio do Sector dos Animais de Compañía. 

"O gasto é alto porque o pensan como un máis da familia, entón non escatiman en que coman un bo penso, as 'chuches' adecuadas e o gasto de todo o que é o aseo". "Eu creo que agora cóidase moitisimo. Hai xente que tamén esaxera un pouquiño para min os cans son cans", apunta o peiteador.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade