Publicador de contidos

Publicador de contidos

BlaBlaCar tamén chega ao rural e aos maiores

BlaBlaCar tamén chega ao rural e aos maiores

Galicia é a sétima comunidade autónoma con máis usuarios compartindo coche

Os galegos maiores de 70 anos tamén se suman a comunidade BlaBlaCar

Na actualidade BlaBlaCar ter máis de 60.000 usuarios únicos activos en Galicia

O 99 % do territorio galego xa tivo algunha conexión a través de BlaBlaCar
G24.gal 25/03/2025 13:19

BlaBlaCar fixo 15 anos en España e xa supera os 10 millóns de usuarios. Deles, medio millón foron galegos.

"Galicia é a sétima comunidade autónoma co maior uso da plataforma", apuanta Sara Benavent, responsable de comunicación de BlaBlaCar de España e Portugal.

Esta modalidade de coche compartido favorece o consumo responsable. Triunfa na conexión entre as grandes cidades, pero tamén axuda a vertebrar o territorio galego, de por si moi ruralizado.

 "No último ano BlaBlaCar conectou o 99 % dos concellos galegos. Isto quere dicir que 310 dos 313 concellos que hai en Galicia tiveron unha opción de conexión a través do coche compartido. Entre estes concellos estamos falando de moi pequenos municipios, como poden ser A Teixeira ou Negueira de Muñiz", continúa Sara.

E non só os novos se animan a compartir coche.

 "É a comunidade autónoma que máis usuarios activos maiores de 70 anos tivo o ano pasado", informa a responsable de comunicación de BlaBlaCar.

Isaac traballa en Madrid e viaxa todas as fins de semana a Pontevedra compartindo o seu coche. El notou esa evolución. Agora leva a xente maior, algo impensable hai uns anos.

"Teño levado xente maior, acórdome de Olga, unha señora moi peculiar que era moi maior, pero moi moderna", recorda Isaac Fernández, usuario de BlaBlaCar dende hai 3 anos

A mellora tecnolóxica da plataforma permite recoller pasaxeiros en localidades intermedias do traxecto establecido e mellorar a conectividade das persoas.

"Teño recollido xente na Gudiña, incluso en lugares de Castela e por aí, xente polo medio que me cadra moi preto da A-52 e que paro nun momento e soben e seguimos", explica Isaac.

Durante as horas de viaxe compártese de todo, conversas do máis animadas e mesmo negocios. Pero o máis importante é o aforro de cartos e de emisións que a plataforma permite cuantificar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade