Publicador de contidos

Publicador de contidos

Problemas para emprender no rural pola falta de fibra óptica

Problemas para emprender no rural pola falta de fibra óptica

Un mozo de Ramirás tivo que rexeitar clientes por non ter internet de alta velocidade

O mal estado duns postes impide levar a conexión ata súa vivenda

 

G24.gal 05/02/2025 20:45

Aarón Ojea ten 21 anos. Trasladouse a vivir a aldea de Ludeiros, en Ramirás, en novembro do ano pasado.  Antes de trasladarse coa súa familia comprobaron que a localidade tiña fibra óptica, fundamental para desenvolver o seu proxecto, unha consultoría de intelixencia artificial destinada a optimizar o traballo das empresas.

Pero a día de hoxe segue sen servizo. O motivo é o mal estado duns postes, o que impide levar a conexión ata súa vivenda. Xa presentaron varias reclamacións pero mentres non se resolve o problema tivo que rexeitar a varios clientes.

Para manter vivo o rural, di, é imprescindible contar cunha boa conexión a internet que permita traballar ou estudar dende calquera punto de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade