Cae parte do muro de contención dun edificio na Coruña
O Concello tivo que pechar un parque infantil situado a carón por precaución
Os veciños levaban meses alertando do perigo
Na Coruña tiveron que pechar un parque infantil por precaución. O motivo: cedeu un muro de contención dunhas obras xusto a carón. As intensas chuvias dos últimos días provocaron que cedese parte dese muro de contención, correspondente a un dos bloques de vivendas que se están a facer no barrio coruñés de Xuxán. A obra está pegada a un parque infantil, o que obrigou o Concello a pechalo.
Os temporais da semana pasada puideron ser a causa de que cedese parte da cimentación desas obras. Agora o concello manterá o peche mentres non se volvan garantir as condicións de seguridade. Veciños da zona levaban xa meses denunciando o mal estado da estrutura, que finalmente colapsou.