Publicador de contidos

Publicador de contidos

Starfelt perde o que resta de tempada co Celta

Starfelt perde o que resta de tempada co Celta

Os servizos médicos do Celta sinalan que o período de baixa non será inferior ás seis semanas

G24.gal 29/04/2025 12:09 Última actualización 29/04/2025 12:13

O internacional sueco Carl Starfelt, defensa central do Celta, perde o que resta de tempada despois de que as probas médicas que lle realizaron revelasen que sofre “unha rotura de fibras no tendón proximal do bíceps femoral dereito”.

Unha lesión que o futbolista celeste, que se atopaba na última fase de recuperación dunha elongación distal do bíceps femoral sufrida no encontro do Celta fronte ao Español, produciuse durante unha das sesións da pasada semana, informou este martes o club galego.

Nos próximos días, Starfelt someterase a unha resonancia magnética para completar o diagnóstico e valorar con maior precisión o alcance da lesión, aínda que os servizos médicos do Celta sinalan que o período de baixa non será inferior ás seis semanas.

Ata a súa lesión, o internacional sueco foi un dos fixos no once inicial de Claudio Giráldez, sendo titular en 26 dos 28 partidos que disputou no presente campionato ligueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade