Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Básquet Coruña, obrigado a viaxar en autobús a Zaragoza

O Leyma Básquet Coruña, obrigado a viaxar en autobús a Zaragoza

O equipo dirixido por Diego Epifanio xoga neste encontro as súas escasas opcións de manterse na liga Endesa de baloncesto

Foto Leyma Coruña Foto Leyma Coruña
G24.gal 29/04/2025 11:19 Última actualización 29/04/2025 11:22

A expedición do Leyma Básquet Coruña terá que viaxar en autobús a Zaragoza, onde mañá xogará o Casademont Zaragoza, ante a imposibilidade de facelo en avión polo apagamento eléctrico en toda a península ibérica.

"O voo Coruña-Madrid con saída prevista ás 9:20 foi suspendido, polo que o equipo realizará todo o traxecto en autobús, cunha duración estimada de 11:00 horas de viaxe", informou o club laranxa.

O equipo dirixido por Diego Epifanio xoga neste encontro, aprazado a principios de mes pola disputa da fase final da Euroliga en Zaragoza, as súas escasas opcións de manterse na liga Endesa de baloncesto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade