Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña compite de ti a ti co segundo clasificado da ACB pero acaba cedendo unha nova derrota (92-83)

O Leyma Coruña compite de ti a ti co segundo clasificado da ACB pero acaba cedendo unha nova derrota (92-83)

O equipo coruñés, relegado á última praza antes de comezar, chegou ao descanso por diante no marcador

Foto: EFE
G24.gal 26/04/2025 21:34

O Leyma Coruña ténse que aferrar á milagre se quere manter a categoría. Coa misión moi difícil, e coas importantes baixas de Heurtel ou Thompkins, os de Epifanio están a amosar unha cara valente, que convirte os seus partidos nun espectáculo. O de Tenerife comezou cunha alta anotación, e cos coruñeses respondéndolle ao segundo clasificado da Liga. No primeiro cuarto, os illeiros gañaban de un (25-24) pero, no segundo, os coruñeses foron ata os 27 puntos, o que lles permitiu chegar ao descanso por diante (48-51). Unha sorpresa que achegaba a sétima vitoria nunha pista moi difícil.

No terceiro cuarto, o Tenerife volveuse poñer por diante, pero os coruñeses aguantaban o ritmo anotador para chegar con todas as opcións ao último cuarto. E foi aí, no momento decisivo, cando apareceu Marcelinho Huertas para, con cinco puntos consecutivos que o situaban como máximo anotador con 17, abría unha fenda de seis.

Entraba o partido no último minuto, e unha tripla de Kramer deixaba sen opcións aos coruñeses. Estivo preto a milagre en Tenerife, pero non chegou esa sétima vitoria que mantivera as esperanzas de permanencia no conxunto coruñés. Unha última canastra de Abromaitis rubricou un 92-83 máis avultado do que se viu durante gran parte do encontro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade