Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán non pode co Joventut despois dun mal inicio (65-82)

O Breogán non pode co Joventut despois dun mal inicio (65-82)

Os de Luis Casimiro cederon con claridade no primeiro cuarrto, e xa non puideron remontar

Paso atrás nas aspiracións de xogar en Europa

Foto: EFE
G24.gal 26/04/2025 21:28

O Breogán non puido darlle continuidade á vitoria da última xornada e, xa coa permanencia practicamente asegurada, acusou un mal comezo diante do Joventut e perdeu no Pazo. So sete puntos no primeiro cuarto, que os lugueses cederon por 7-20, son unha bagaxe moi pobre para poder aspirar á vitoria, e a Peña soubo administrar esta renda para non pasar apuros e afianzarse nos postos de play off polo título.

So Grant mantivo o ritmo anotador necesario no Breogán, con 21 puntos. No resto do equipo so Mavra anotou 12, mentres na Peña eran Tomic, Dotson, Pustoviy e Grazulis sobrepasaban os dez puntos. A mellor noticia foi que os lugueses levaron os dous últimos parciais por idéntico resultado. 20-19.

O Breogán queda ancorado nas doce vitorias, e suma a décimo sétima derrota da temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade