Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Granada remonta en Riazor e adía a permanencia do Deportivo Abanca

O Granada remonta en Riazor e adía a permanencia do Deportivo Abanca

Millene adiantou ás coruñesas, pero remontaron as andaluzas na segunda metade

Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal 26/04/2025 14:14

Cando o talento se une, pasan cousas. É o que sucede no Deportivo Abanca, cando se asocian Ainhoa Marín e Millene Cabral. Pero a veces non é suficente. Non o foi diante de todo un Granada que ten opcións de ser equipo Champions o ano que vén.

Logo da primeira acción Ainhoa - Millene, aos 20 minutos chegou a segunda, a importante. Como un coitelo rachou a defensa Marín. Chegou ata liña de fondo e asistiu para que Cabral definiu de xeito inapelable. Merecido o gol diante dun Granada que tivo a súa mellor opción no primeiro tempo cun poste de Lauri.

E case contra o descanso, outra túa miña entre as dúas de sempre acabou nun un contra un de Ainhoa Marín diante de Sandra Estévez no que a gañou a partida a porteira. Esa acción tivo unha imporancia capital no desenlace do partido, xa que os egundo tempo foi de dominio granadino.

Foi acumulando oportunidades ata que obtivo a remontada en cuestión de tres minutos, entre o 72 e o 75. Primeiro foi Ornella Vignola a que recolleu un despexe curto para ubicar o balón na escadra da portería galega.

E se foi bo o empate aínda o mellora o da vitoria visitantes. Edna, nun visto e non visto, deulle a volta ao partido cun excelente disparo ante o que nada puido facer Yohana, que substituía á sancionada Inés Pereira.

O dobre varapau destrozou o Deportivo Abanca que perdeu a oportunidade de asegurar un triunfo que arrecendía a permanencia. A loita ten que continuar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade