O Deportivo Abanca visita mañá ao Levante (12:00h) tras a renovación de Millene
As coruñesas visitan un campo complicado, con boas sensacións tras a última vitoria
A propia xogadora anunciou onte a súa renovación ata 2027
Mañá ó mediodía xoga o Deportivo Abanca no Levante. Para alá marchou hoxe. E co equipo viaxou unha satisfeita Milene trala súa renovación co club herculino. A xogadora brasileira prolongou a súa vinculación co Deportivo Abanca ata xuño de 2027. Milene chegou no verán do 22 e a temporada pasada foi a máxima goleadora da primeira federación. Esta temporada xogou 29 partidos e marcou sete goles.
𝑨 𝒅𝒆𝒄𝒊𝒔𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒆 𝑴𝒊𝒍𝒍𝒆𝒏𝒆.
— Dépor ABANCA (@RCDeportivoFem) April 18, 2025
Desde el corazón os doy las gracias por todo lo que hemos vivido hasta el momento 🇧🇷 pic.twitter.com/4kpQHpsOPE
Antes de partir cara terras levantinas, Fran Alonso confirmou que o seu equipo está con moita confianza, "despois do último partido, no que fixemos as cousas moi ben". Tamén indicou que lles da confianza a boa actuación contra o mesmo rival na primeira volta.