Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca pode dar un paso case definitivo para a salvación

O Deportivo Abanca pode dar un paso case definitivo para a salvación

Xoga diante do Levante Badalona este sábado en Riazor (16:30 horas) e pode superar a barreira dos 25 puntos que sempre deron a permanencia con este formato de competición

G24.gal 11/04/2025 11:43

O Deportivo Abanca afronta dúas semanas cruciais para a salvación. Recibe este sábado (16:30 horas) ao Levante Badalona e a vindeira xornada xoga no campo do Levante. Dous rivais directos do cadro coruñés. Cun triunfo superaría a barreira dos 25 puntos, cifra que sempre deu a permanencia con este formato de competición na Liga F. 

Fran Alonso, adestrador do cadro coruñés, non quere botar esas contas. "Dependemos doutros resultados, pode chegar cunha soa vitoria e pode que con dúas non sexa dabondo. Cada equipo estase xogando a vida e o desenlace é impredicible" comentou o técnico na rolda de prensa previa ao partido. 

O Deportivo Abanca perdeu na última xornada diante do Athlétic (2-0) pero viña encadeando unha boa serie de resultados (só unha derrota nos anteriores nove partidos). Houbo unha parada de quince días por mor dos compromisos internacionais das seleccións e o técnico agarda que servira para reforzar a moral do grupo e afrontar do mellor xeito a recta final dun torneo ao que só lle quedan seis partidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade