Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca derrota ao Levante Badalona en Riazor e achégase á permanencia

O Deportivo Abanca derrota ao Levante Badalona en Riazor e achégase á permanencia

As de Fran Alonso colócanse cunha renda momentanea de seis puntos sobre o descenso

Fotyo: @RCDeportivoFem
G24.gal 12/04/2025 19:54

O Deportivo Abanca rachou coa xeira de seis partidos sen gañar ao superar o Levante Badalona en Riazor. Vitoria con valor dobre polos tres puntos e chegar ante un rival directo na loita pola permanencia. Ainhoa Marín puxo por diante ás coruñesas no minuto 9 ao culminar unha contra.

As visitantes empataron á media hora de partido. Estefi sacou a falta, rexeitou Inés Pereira pero o balón caeulle a Rebeca Elloh. 1-1.

Xusto antes do descanso, marcou Samara, gol psicolóxico, gol para volver crer. E faltaba, como non, o tanto de Milene. Chegou no 55.

A cinco xornadas para o final da Liga, o Deportivo Abanca achégase á permanencia. Ten seis puntos de vantaxe sobre o Levante, á espera do que fagan as valencianas na casa do Athlétic de Bilbao. Ademáis, o Levante é o vindeiro rival do Deportivo Abanca, outra oportunidade para pechar a continuidade na Liga F

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade