A capitá deportivista Cris Martínez anuncia a súa maternidade
Ten 31 anos e é a única xogadora que se mantén desde a fundación do club en 2016

A xornada do martes foi de felicidade no vestiario do Deportivo Abanca. Unha das xogadoras máis carismáticas, a astorgana Cris Martínez, anunciou a súa futura maternidade. Cris está embarazada e quedará afastada da dinámica do primeiro equipo coruñés os vindeiros meses. É a primeira vez que acontece algo así desde a creación do cadro feminino do club coruñés polo que a nova foi moi ben acollida no vestiario.
Así lle anunciou Cris Martínez ao vestiario que teremos un membro máis na familia deportivista! 🐣
— Dépor ABANCA (@RCDeportivoFem) April 15, 2025
Completo na nosa canle de YouTube 📺👇
Ela mesma quixo comunicarlle a nova ás súas compañeiras. Este ano Cris Martínez participou en 17 partidos, 9 deles como titular. Non é titular indiscutible pero a súa pegada no vestiario é moi profunda. De feito é a única xogadora que se mantén desde a creación da entidade alá polo ano 2016. A progresión do club e a súa como xogadora estivo da man ao longo de todos estos anos e ten asinado o contrato ata xuño de 2026.