Óscar Gilsanz céntrase na visita ao Sardinero e non quere falar do seu futuro
O Deportivo visita ao Rácing a oito puntos da promoción e con once sobre o descenso
A oito puntos do playoff e con once de marxe sobre o descenso, o Deportivo entra na recta final de liga case que en terra de ninguén. O equipo coruñés afrontará o partido de Santander xa sen David Mella e con boa parte do deportivismo pensando no futuro. Un futuro do que aínda non quere saber nada Óscar Gilsanz, quen segue poñendo o club por díante de calquera outra consideración.
No Sardinero agardará un Rácing metido de cheo na loita polo ascenso. Unha loita na que as contas van cambiando semana a semana. Así que en Santander tamén tiran do partido a partido.
O Deportivo terá que contrarrestar o entusiamo dos cántabros se quere prolongar a súa xeira de nove partidos sen coñecer a derrota.