Morre un motorista tras unha colisión cun turismo en Vilarmaior, A Coruña
O suceso produciuse sobre as 12.30 horas deste sábado na AC-151

Un motorista morreu tras unha colisión cun turismo no municipio coruñés de Vilarmaior. A vítima é un home de 30 anos, veciño de Oleiros.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 12:30 horas deste sábado na AC-151. As causas do accidente aínda se están investigando, pero todo parece apuntar a que o choque fronto lateral se puido producir cando o turismo se incorporou á vía.
Foi un particular o que deu a voz de alarma e ata o punto mobilizáronse, en helicóptero, os profesionais sanitarios que, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida.
Tamén paraticiparon dúas patrullas do destacamento da Garda Civil de Ferrol e o equipo de atestados tamén de Ferro. Posteriormente chegaron os equipos de limpeza e mantemento da vía. Ademais, a central de emerxencias alertou os Bombeiros de Betanzos, pero a vítima estaba liberada e accesible.