Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vilanova de Lourenzá acollerá un centro de interpretación sobre o mundo maragato

Vilanova de Lourenzá acollerá un centro de interpretación sobre o mundo maragato

Pretende darlle visibilidade ao legado dos comerciantes maragatos que chegaron á Mariña dende o século XIX

Apertura do novo centro de interpretación maragata en Lourenzá
G24.gal 26/04/2025 15:10 Última actualización 26/04/2025 17:33

Do concello de Santiago Millas proceden familias de comerciantes que se asentaron en distintos puntos da Mariña dende o século XIX, onde abriron e xestionaron negocios e implantaron novas prácticas comerciais.

Un edificio da familia Rodríguez Alonso, unha das primeiras que chegou á comarca lucense procedente de León, será a sede do novo centro de interpretación da súa historia.

O museo, situado en Vilanova de Lourenzá, súmase a outras iniciativas e investigacións realizadas nos últimos anos en Galicia para divulgar e darlle visibilidade á orixe e ao legado do pobo maragato.

Os que se asentaron na Mariña dedicábanse, sobre todo, á exportación por xunto de xamóns a Madrid. Outros grupos de maragatos chegaron a Foz ou Vigo cunha fábrica de chocolates. 

No vindeiro mes de maio, o futuro centro acollerá unhas xornadas sobre a sociedade, a economía e a cultura desta comarca leonesa, baixo o título de "Maragatacasa Fala".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade