Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump contempla a aplicación de aranceis aos semicondutores que entren no país

Trump contempla a aplicación de aranceis aos semicondutores que entren no país

O presidente estadounidense falará este luns sobre a nova posible taxa

Washington exclúe infinidade de produtos tecnolóxicos chineses sen gravar

Trump atende aos medios no Air Force One, en Florida. REUTERS/Nathan Howard Trump atende aos medios no Air Force One, en Florida. REUTERS/Nathan Howard
G24.gal 13/04/2025 08:17 Última actualización 13/04/2025 09:32

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegurou este sábado que o vindeiro luns falará sobre a posible aplicación de aranceis aos semicondutores, no medio da guerra comercial que mantén coa China e ante as crecentes dúbidas sobre a súa estratexia neste terreo.

Tras sacudir os mercados durante os últimos dez días por anunciar primeiro a aplicación xeneralizada dun gran volume de aranceis ao resto de mundo e recuar despois, redobrou a súa ofensiva contra Pequín mentres o custo de financiamento da débeda estadounidense continuaba á alza.

A última novidade coñeceuse este sábado cando Washington anunciou que decidira deixar sen gravar infinidade de compoñentes tecnolóxicos chineses, teléfonos móbiles, ordenadores portátiles e pantallas.

Respecto á posibilidade de que o Goberno estadounidense anuncie aranceis para os semicondutores que entren no país, Trump limitouse a dicir que o luns dará máis información.

"Dareilles a resposta o luns. Seremos moi específicos", respondeu o republicano a bordo do Air Force One, o avión presidencial estadounidense, rumbo a Miami, onde acudiu a unha pelexa de artes marciais mixtas.

A Oficina de Aduanas e Protección Fronteiriza incrementou a súa recadación en marzo nuns 1.000 millóns de dólares fronte ao dato de febreiro, grazas á aplicación das primeiras medidas arancelarias sobre bens chineses ou sobre o aceiro e o aluminio.

"O caso é que estamos a ingresar moito diñeiro. Como país, estamos a ingresar moito diñeiro", engadiu Trump.

Con aranceis recíprocos por riba do 100 %, os mercados ansían que Washington e Pequín comecen a exhibir algún tipo de achegamento para evitaren que a guerra comercial entre as dúas maiores economías do mundo se enquiste e derive nunha recesión global.

O presidente dos EUA sobe ao Air Force One en Miami. REUTERS/Nathan Howard O presidente dos EUA sobe ao Air Force One en Miami. REUTERS/Nathan Howard
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade