Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cuerpo viaxa a Washington para achegar posturas cos Estados Unidos

Cuerpo viaxa a Washington para achegar posturas cos Estados Unidos

O Goberno di que a viaxe vai servir para "engraxar as relacións cun socio estratéxico"

Podemos acusa o Goberno de ser "lambebotas do fascismo"

O PP volve cuestionar a viaxe de Sánchez á China e di que a política exterior do Goberno é opaca

G24.gal 14/04/2025 14:19

Carlos Cuerpo, ministro de Economía, Comercio e Empresa, entrevistarase con Scott Bessent, o secretario do Tesouro estadounidense para tratar "temas bilaterais de importancia" co obxectivo de reforzar as relacións entre os países. 

En declaracións anteriores, Bessent criticou a viaxe de Pedro Sánchez á China dicindo que achegarse ao país asiático sería como cortar o pescozo. 

Dende o Ministerio de Economía sinalan que a viaxe de Carlos Cuerpo aos Estados Unidos está pechada dende comezos de mes, e ten como finalidade engraxar as relacións entre socios estratéxicos. Pese a situación creada polas decisións da Administación Trump, insisten en enmarcala nun contexto de normalidade.

O ministro tamén se reunirá co presidente do Banco Mundial, Ajay Banga, e representantes de empresas estadounidenses con intereses en España, para así "aproveitar ao máximo esta visita" e reforzar igualmente "o rol de España" e o interese "por parte de empresarios americanos, por investir e por desenvolver as súas actividades en España", remarcou.

Na súa opinión, é "un momento importante" e nesta "nova etapa" hai que ver "se somos capaces, entre todos, de chegar a un acordo negociado e equilibrado entre ambas as partes, porque será moi beneficioso para todos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade