Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa a busca do veciño de Frades desaparecido o martes na zona de Fisterra

Continúa a busca do veciño de Frades desaparecido o martes na zona de Fisterra

Na busca participan patrullas de Seguridade Cidadá por terra e pola costa, o helicóptero do servizo aéreo da Garda Civil, o Grupo Especial de Localización e Rescate de Galicia, unha lancha do Salvamento Marítimo e Protección Civil

G24.gal 26/04/2025 13:31

O dispositivo de busca do veciño de Frades desaparecido o martes pasado continúa activo este sábado na zona de Fisterra, segundo confirmaron fontes da Garda Civil da Coruña.

Na busca participan patrullas de Seguridade Cidadá por terra e pola costa, o helicóptero do servizo aéreo da Garda Civil, o Grupo Especial de Localización e Rescate de Galicia, unha lancha do Salvamento Marítimo e Protección Civil. Ademais, a Garda Civil deu instrucións aos mariñeiros que pescan na zona para que, cando regresen, se "acheguen un pouco máis á costa por se visen algo".

Durante a tarde deste sábado haberá dúas patrullas de Seguridade Cidadá e o dispositivo contará tamén co servizo marítimo da Garda Civil así como co Grupo Especial de Localización e Rescate de Galicia.

A familia de Antonio Carro Latexe, de 69 anos de idade, denunciou a súa desaparición na tarde do martes pasado, e o propio Concello de Frades fixo un chamamento aos veciños, a través da redes sociais, para pedir colaboración na busca.

Zona da desaparición, zona do faro de Fisterra Zona da desaparición, zona do faro de Fisterra
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade