Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing, diante do reto de encadear vitorias en Almería

O Rácing, diante do reto de encadear vitorias en Almería

G24.gal 26/04/2025 14:44

A xornada vaina pechar o luns o Rácing de Ferrol en Almería...co propósito de centrarse no agora e sumar a segunda vitoria seguida. 

Encontro no que no estará Aitor Buñuel, que hoxe se somete a unha segunda intervención cirúrxica para resolver secuelas nos ollos trala lesión que sufrira en Riazor no mes de setembro.

Aínda que a situación é crítica, o técnico valora o traballo do equipo. Menéndez non ve que ninguén se borre dos adestramentos e dos partidos, aínda que recoñece que había "xente que tiña que ser importante e non foi así."

Para Menéndez, no partido "hai moitísimo en xogo. Queremos gañar, vimos de gañar. Pero vai ser un partido difícil contra un equipazo."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade