Cargando resultados...
Francisco o papa dos pobres, o papa de todos
A súa primeira viaxe foi a Lampedusa para denunciar as incontables mortes de migrantes no mar
O papa Francisco visitou cárceres por todo o mundo
G24.gal
26/04/2025 13:30
Dende o comezo do seu pontificado, Francisco prestou especial atención aos máis desfavorecidos.
A súa primeira viaxe foi a Lampedusa, para denunciar as incontables mortes de migrantes no mar.
Sentiu a dor dos que sufriron nos conflitos pasados e presentes. Visitou cárceres por todo o mundo, percorreu os barrios máis pobres e animou a mocidade a exhibir esperanza para cambiar o mundo.