O Conclave de cardeais que decidirá o sucesor de Francisco
Só poden participar os menores de 80 anos
O novo papa debe reunir dous terzos dos votos
As actuais normas vaticanas establecen que deben pasar entre quince e vinte días desde a morte do papa para reunir o conclave de cardeais que elixirá o sucesor de Francisco. O colexio cardinalicio o compoñen 250 homes.
Pero só terán dereito a voto os menores de 80 anos o que reduce a cifra de electores. Tras confirmarse as primeiras ausencias poderían ser finalmente 133.
Pero todos os purpurados, con voto ou sen el, poden participar nas reunións preparatorias do conclave. Uns encontros previos que servirán tamén para coñecerse e perfilar os nomes que pode aspirar á elección.
Como cada vez que hai elixir un novo papa aparecen unha serie de nomes destacados, pero na curia lembran o que se adoita dicir ante as quinielas de papables: "quen entra papa, sae cardeal".
Nesta ocasión a outra gran incognita é se os cardeais elixiran a un continuador do papado reformista de Francisco ou se optarán por un perfil máis tradicionalista.
Os expertos din que non é determinante en absoluto que o 80% dos actuais cardeais electores foran creados por Francisco. Porque a el, considerado progresista, elixiuno un conclave de purpurados nomeados polos seus antecesores, dous papas máis conservadores.
As dúbidas continuarán ata que se fixe a data do Conclave e os cardeais electores entren na Capela Sixtina. Só sairán dela para durmir e comer. Pero incluso nesas horas estarán confinados, sen contacto con exterior. Non poderán ler prensa, ver televisión nin facer ou recibir chamadas telefónicas.
O primeiro día de conclave só haberá unha votación, e, nos seguintes, catro diarias. Para que un cardeal saia papa da Capela Sixtina deberá reunir dous terzos dos votos. Na práctica o sucesor de Francisco deberá ter 90 apoios. Cando iso ocorra unha fumata branca anunciará ao mundo que a Igrexa Católica ten un novo papa.