Cris Martínez: "Ter que deixar de xogar dun día para outro foi complicado para min"
Na liga F, conforme ao convenio colectivo asinado este ano, os clubs deben renovar automaticamente por un ano ás xogadoras que queden embarazadas
Falou a capitá esta mañá na sala de prensa de Abegondo e, tras o anuncio do seu embarazo, confesou que ao principio foi complicado asimilar o seu illamento dos terreos de xogo, polo menos por un tempo.
Con todo, Cris Martínez agora está feliz e ten claro que seguirá axudando ás súas compañeiras, no posible.
"Agora xa estou un pouco máis tranquila. Contalo libérache un pouco. As miñas sensacións ao principio foron un pouco... Non se como explicalo. Complicadas, porque dun día para outro ter que deixar de adestrar, ter que deixar de xogar, foi un pouco complicado para min, porque foi así un pouco inesperado".
Na liga F, conforme ao convenio colectivo asinado este ano, os clubs deben renovar automaticamente por un ano ás xogadoras que queden embarazadas e implementar garderías e salas de lactación durante os adestramentos e os partidos para favorecer a conciliación.