Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta apúntase á Europa League (3-0)

O Celta apúntase á Europa League (3-0)

O equipo de Giráldez superou con claridade ao Vilarreal cos goles de Fer López, Borja Iglesias e Aspas

Os visitantes xogaron con dez desde o minuto 37 por expulsión de Bailly

G24.gal 23/04/2025 17:46 Última actualización 23/04/2025 20:53

Minuto a minuto

Boas tardes! Partido moi importante para o Celta e o Vilarreal nas súas aspiracións europeas. O Celta quere volver a gañar en Balaídos despois de non facelo nos dous últimos encontros diante da súa xente contra As Palmas e Español. Un triunfo devolveríao a postos de competición europea. O Vilarreal é quinto, ocupa praza de Champions, pero nestas últimas xornadas está perdendo folgos diante do acoso do Betis. 

Velaquí o equipo do Celta con novidades importantes. Carlos e Yoel na defensa. Volve Hugo Álvarez e Fer López é o acompañante de Borja e Alfon na dianteira

O Vilarreal aposta por un centro do campo galego con Santi Comesaña e Denís Suárez aos mandos

O Himno do Centenario na megafonía ... E saltan os xogadores ao campo!!

1

Despois dun minuto de silencio ... Xa temos o partido en marcha!!!!!

5

Primeiro remate de Borja Iglesias que rexeita con problemas o porteiro do Vilarreal

6

Que estratexia!!! Saca Mingueza, toca Marcos Alonso e só falta o último remate. Bo inicio do Celta

15

Primeiro cuarto de hora. Dominio total do balón por parte do Celta diante dun Vilarreal que o fía todo á contra

18

Remate de cabeza moi frouxo de Barry ás mans de Guaita

23

Ocasión clarísima de Fer López despois dun pase de Borja. Salvou Kambwala o primeiro do Celta

31

Centro chut de Barry que non atopa portería nin rematador

33

Córner para o Vilarreal que remata Comesaña un pouco alto

38

Expulsado Bailly con cartón vermello directo por unha falta sobre Alfon cando era o último xogador da defensa do Vilarreal!!!

42

Tiro fortísimo pero centrado de Marcos Alonso que rexeita o porteiro visitante Júnior

45

1-0 GOOOOOOL DE FER LÓPEZ. Remate cruzado de Fran Beltrán que empurra o canteirán á rede

45 +2

Outra boa ocasión de Hugo Álvarez. O Vilarreal está contra as cordas e puido chegar o segundo

45 +5

Tempo de lecer en Balaídos. Manda o Celta grazas ao gol de Fer López. O Vilarreal con 10 pola expulsión de Bailly

46

Comeza a segunda parte coa entrada de Ilaix no sitio de Fran Beltrán

47

Remata de cabeza Borja Iglesias e saca Júnior a córner

52

Gran acción individual de Nicolas Pepé e saiulle un tiro moi centrado. A mellor xogada do Vilarreal en todo o partido

53

2-0 GOOOOOOOL DE BORJA IGLESIAS. O remate de Ilaix estrelouse contra o poste pero o Panda colleu o rexeite para marcar o segundo

61

Falla Comesaña un remate de cabeza cando se atopaba nunha posición inmellorable

65

Tres trocos no Villarreal. Un deles o de Denis Suárez que marcha entre aplausos. Tamén se prepara Iago Aspas

68

Remata cruzado Carreira e salva Kiko Femenía ... e na seguinte xogada Iago Aspas remata desde a frontal e salva Júnior o que sería un golazo

71

Aspas conecta con Carreira que remata alto. O de Moaña entrou pletórico no partido

80

Tremendo furolo de Ilaix e paradón de Júnior

82

Lanzamento con intención de Buchanan que sae a rentes do pau da porta de Guaita

87

3-0 GOOOOOOOOOL DE ASPAS!!!! Penalti sobre Ilaix Moriba que transforma Iago Aspas

90 +3

Final do partido en Balaídos. Goleada do Celta que superou en todos os aspectos ao Vilarreal. O equipo de Claudio xa é sétimo, en posto de Europa League

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar