Publicador de contidos

Publicador de contidos

O café máis antigo de Barreiros, o Moderno, vai camiño do século de historia

O café máis antigo de Barreiros, o Moderno, vai camiño do século de historia

Tres xeracións de hostaleiros estiveron xa á fronte do local, no centro de San Cosme, e podería haber unha cuarta e mesmo unha quinta

O dono do negocio, Xesús Seivane, anima os clientes a visitar e coñecer os lugares de interese deste concello mariñao
Félix Aragunde. Imaxe: Jose Lamas. 23/04/2025 20:23

Aberto en 1934, en plena Segunda República, o Café Moderno foi sempre un local de referencia no centro de Barreiros. Debe o seu nome á máquina coa que facían os cafés, que daquela era unha novidade, como tamén o era a radio que durante a ditadura franquista lles servía aos clientes para escoitar a Pirenaica.

"Hoxe en cada sitio hai unha televisión. Naquela época había unha radio, do ano 34, na cal se escoitaba a Pirenaica e todos os avatares da vida. Temos tamén un muíño, que está no comedor, co que se moía o café", explica o hostaleiro Xesús Seivane. 

Ateigado de libros e de obras de arte, o Café Moderno é hoxe toda unha institución local. Ademais, vai xa pola terceira xeración de hostaleiros da mesma familia, e podería estenderse mesmo ata a quinta.

"É unha herdanza dos nosos avós e dos nosos pais, e un orgullo. Meus pais, María e Pancho, herdaron de Albina e de Antonio. Nós temos un fillo, Francisco, e xa hai un netiño, que é a quinta xeración", conta Xesús. 

O Moderno permanecerá aberto como mínimo ata o ano 2032, cando prevé xubilarse o actual propietario.

Interior do Café Moderno, cheo de libros, fotos, cadros e esculturas Interior do Café Moderno, cheo de libros, fotos, cadros e esculturas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade